23 may. 2016

No acto de entrega, que se realizará ás 16.30 h no Auditorio de Caldas, o historiador Miguel García Fernández pronunciará unha conferencia sobre os tempos deste rei caldense

O CPI Alfonso VII de Caldas de Reis convocou este ano por vez primeira o premio literario escolar "Afonso VII – Rei de Galiza", cuxos gañadores e gañadoras se darán a coñecer a próxima segunda feira (luns) 23 de maio ás 16.30 h no Auditorio da localidade. No acto, o medievalista Miguel García Fernández tamén pronunciará unha conferencia sobre a época deste monarca. Colaboran co centro escolar nesta súa iniciativa o Concello de Caldas de Reis, a asociación cultural Zona Afectada e as editoras Xerais e Obradoiro Santillana.

Con actos coma este, a comunidade educativa do CPI Alfonso VII quere axudar a divulgar e a valorar máis unha parte importante da nosa historia e dos seus protagonistas, como é o caso do rei caldense que lle dá nome ao centro escolar.

O tema do premio, tal e como se indicaba nas bases, é a recreación literaria (con calquera xénero: narrativa, poesía ou teatro) do momento da coroación do meniño rei Afonso VII:

"O 17 de setembro de 1111 era domingo. A catedral de Santiago de Compostela, que neses momentos seguramente era o templo máis grande de toda Europa, estaba engalanada e preparada para unha festa moi especial. Nesa xornada, nobres galegos chegados de todos os puntos do reino xuntáronse alí para presenciaren a coroación do novo soberano de Galiza: Afonso VII.

Que pensaría ese pícaro ao ver que os nobres máis poderosos e mesmo o seu tío, o futuro e poderosísimo papa Calisto II, se axeonllaban ante el? Como imaxinas ti que foi ese día? Que decoración habería na catedral? Como se sentiría o novo rei?"

Entregaranse catro galardóns ás mellores creacións participantes, en dúas categorías: un primeiro e un segundo premio para Primaria e un primeiro e segundo premio para a ESO.

O conferencista que participará no acto, Miguel García Fernández, é licenciado en Historia na USC e  especialista na Idade Media. Obtivo o premio Fin de Carreira do Goberno galego, os premios extraordinarios de licenciatura e mestrado da USC e o premio Fin de Carreira do Goberno español. A principal liña das súas publicacións é o papel das mulleres galegas na época medieval, por exemplo a raíña Urraca I, nai de Afonso VII.

6 may. 2016


Os Departamentos de Galego e Portugués, Xeografía e Historia e o Equipo de Normalización Lingüística do CPI Afonso VII de Caldas de Reis están a desenvolver durante este curso escolar, dentro do Proxecto Terra, un traballo sobre os alcumes, os nomes que se lle dan coloquialmente a unha persoa ou a unha familia. Trátase de recoller e catalogar todos os que se dan en Caldas de Reis e as súas parroquias, para así comprendermos mellor a nosa identidade territorial.
En Caldas de Reis, como na maioría dos lugares de Galiza, hai unha longa tradición de alcumes. Rara é a familia que non ten, polo menos, un sobrenome que a distingue, con mellor ou peor fortuna, das demais. Mesmo hai quen ten o privilexio de posuír un sobrenome en exclusividade...
Sexa como for, e aínda que ás veces non gustemos moito do que nos tocou, os alcumes son parte do noso patrimonio, un ben inmaterial case sempre herdado desde moi atrás que temos o deber de conservar e transmitir con orgullo.
Como conseguimos toda esta información? Pois, ficha en man, os nosos estudantes de 3º e 4º da ESO entoan unha coñecida pregunta: "E ti, de quen vés sendo?"

29 feb. 2016

AVISO DE CAMBIO DO NÚMERO DE TELÉFONO DO CENTRO

NOVO TELÉFONO: 886 159 005

NOVO FAX: 886 159 011

O ANTIGO NÚMERO XA NON ESTÁ OPERATIVO. DISCULPEN AS MOLESTIAS.

1 sept. 2015

Comezo do curso 2015-16


 Clases de Infantil e Primaria: xoves 10 de setembro.

 Clases da ESO: martes 15 de setembro.

Entrega de notas ESO 

Luns 7 de setembro ás 12:00.

 *Os libros de texto entregaranse aos titores ese mesmo día.


15 jul. 2015

Corrixido erro nos libros de 4º Primaria.

Libros de texto Ed. Infantil 2015-16

Libros de texto ED. Primaria 2015-16





Libros de texto ESO 2015-16





Viaxe de fin de curso de 4º ESO a Barcelona.



video

3 jul. 2015

Calendario exames setembro 2014-15

Os exames das materias pendentes terán lugar en distinto horario que os das materias ordinarias. 

Horario materias ordinarias

 Horario materias pendentes


20 jun. 2015


Proposta de cambio de horario

Despois das propostas xudidas dende o Claustro de profesores e dende o Consello Escolar estase a tramitar un proxecto de cambio no horario da ESO co obxecto de pasar a ter unha sola tarde en lugar das dúas actuais e acadar así un horario máis racional que permita un mellor aproveitamento do tempo.

Dende o centro nos gustaría coñecer a opinión dos pais e nais e aclarar as posibles dúbidas que aparezan sobre esta proposta polo que vos diriximos a contactar con calquera membro do equipo directivo no teléfono do centro 986 540137 ou a través da representante dos pais no Consello Escolar Isabel Castro Rivas no teléfono 607582151. 

Lembrámosvos que o horario de Infantil e Primaria non sufriría modificación ningunha e que esta proposta só afectaría á Secundaria.

21 feb. 2015

Entroido 2015 Infantil e Primaria

17 feb. 2015

Festival da ESO Entroido 2015

O desfile


Desfile 2015 - Kizoa Movie Maker

Os participantes

29 sept. 2014

2 sept. 2014

Datas de inicio das clases

Infantil e Primaria: Mércores 10 de setembro ás 9:15

Secundaria: Luns 15 de setembro ás 9:15

MATRICULA DA ESO

Luns 8 de setembro de 9:00 a 14:00

RECOLLIDA DE NOTAS ESO

Venres 5 de setembro ás 12:00 da mañá

 

Advertencias legais



Este blog ten caracter únicamente educativo. Se algún dos contidos que hai nel ten dereitos de autor, rogamos que nos informen e será retirado de inmediato. Este blog non se responsabiliza dos contidos de calquera tipo servidos por terceiros, nin das opinións vertidas nesta páxina por terceiros.
Os datos e fotos que se publican ou enlazan teñen como única finalidade a de axudar, informar e educar aos alumnos e familias. Non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información sen o consentimento expreso dos propios afectados.